Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

PREMIOS Á TRANSFERENCIA DE TECNOLOXÍA EN GALICIA 2022

15/04 | 15:00

A Real Academia Galega das Ciencias (RAGC), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), organiza os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia para o ano 2022.  Os Premios constan de tres modalidades:

  • Premio «Francisco Guitián Ojea» a un traballo de investigación aplicada, dotado con 6.000 €, e dirixido a todo o persoal adscrito a centros de investigación situados en Galicia.
  • Premio «Fernando Calvet Prats» a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación, dotado con 6.000 €, e dirixido a todo o persoal adscrito a centros de investigación situados en Galicia.
  • Premio «Ricardo Bescansa Martínez» a un caso de éxito empresarial de implantación tecnolóxica transferida, dotado con 6.000 €, e dirixido a empresas galegas.

O prazo de presentación de candidaturas rematará o 15 de abril de 2022 ás 15:00 h. e a súa presentación será tramitada de xeito telemático a través dun formulario electrónico específico para cada modalidade e dispoñible nas webs da RAGC e da GAIN.

 

Dispón de toda a información na web desta vicerreitoría: https://www.udc.es/gl/goberno/equipo_reitoral/vpcit/premios/

Detalles

Fecha:
15/04
Hora:
15:00